CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL ·NOVAS/OS CINEASTAS
AKIPLĖŠA / TOXIC (2024)
Saulė Bliuvaitė
Lituania / 99 min / Ficción / Lituano
Ficha artística:
Vesta Matulytė, Ieva Rupeikaitė, Giedrius Savickas, Vilma Raubaitė, Eglė Gabrėnaitė
Ficha técnica:
Guión: Saulė Bliuvaitė
Fotografía: Vytautas Katkus
Edición: Ignė Narbutaitė
Produción: Giedrė Burokaitė, Justė Michailinaitė, Akis Bado
Sinopse:
Marija e Kristina son dúas rapazas de 13 anos que devecen por fuxir da crúa realidade da súa cidade industrial. Coñécense nunha escola local de modelos, onde lles prometen unha vida mellor de triunfaren no mundo da moda. As mozas comezan a modificar os seus corpos de maneira cada vez máis extrema mentres se preparan para un cásting que podería cambiar o seu destino e deixar atrás a súa vida rutineira. Unha exploración das complexidades das relacións interpersoais e dos retos e presións que veñen da man da busca de aceptación e éxito.
Saulė Bliuvaitė (Kaunas, Lituania). Directora e guionista formada na Academia de Música e Teatro de Lituania. Bliuvaitė destaca no panorama do cine europeo pola súa capacidade para crear narrativas viscerais e intensas psicoloxicamente. A súa obra caracterízase por unha dirección precisa e unha atmosfera desacougante, o que lle valeu o recoñecemento en festivais de cine independentes. Os seus filmes abordan temas emocionais e sociais con audacia e profundidade.
Gañadora do Leopardo de Ouro á mellor película do festival de Locarno 2024