AGURATRAT

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Teatro

Recomendado para alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º Primaria

Cia.Pérez y Fernández

 

O Señor Hoppy, un home algo maior, moi tímido e amante das plantas está profundamente namorado en segredo da súa veciña, a Señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa Tartaruga Alfie. A Señora Silver, está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi amodiño…O Señor Hoppy verá niso a posibilidade de gañar o seu corazón.

Aguratrat é a adaptación teatral do libro “Esio Trot”,  de Roald Dahl un dos autores máis lidos da literatura infantil universal (Charlie e a fabrica de Chocolate, James e o pexego xigante, Matilda, As Bruxas, Mr.Fox …) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre as persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra para público escolar e familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas.

Ficha artística

Intérpretes: Victoria Pérez, Manu Fernández, Xosé Leis.

Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 2 Marzo, 2020
10:00
Teatro Principal
Luns, 2 Marzo, 2020
12:00
Teatro Principal
Martes, 3 Marzo, 2020
10:00
Teatro Principal
Martes, 3 Marzo, 2020
12:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Aguratrat Trailer