AGARRAME FUERTE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL · PANORAMA INTERNACIONAL
SECCIÓN PARALELA · LATIDOAMERICANO

AGARRAME FUERTE (2024)

Ana Guevara, Leticia Jorge

Uruguai / 71 min / Ficción / Español

Ficha artística:

Chiara Hourcade, Victoria Jorge, Eva Dans

Ficha técnica:

Guión: Ana Guevara, Leticia Jorge

Fotografía: Soledad Rodríguez

Edición: Lucía Casal, Stephanie Tabárez

Produción: Agustina Chiarino, Hernán Olivera

Sinopse:

Adela, profundamente conmovida pola morte da súa amiga Elena, atópase atrapada nunha dor que parece non ter fin. Buscando consolo, e esgotada emocionalmente, retrocede nunha viaxe no tempo a un outono de hai dez anos, a unha casa na praia onde o tempo parece deterse. Alí, Elena e mais outra amiga, Luci, agardan por ela, listas para pasar un fin de semana perfecto, entre novelas de detectives, conversas ao pé da lareira e o son do mar de fondo. Este reencontro máxico ofrécelle a Adela a oportunidade de revivir momentos de felicidade compartida, de amizade profunda e sororidade que trascenden a morte e o paso do tempo. "Agárrame forte, non me deixes ir", pide Adela, mentres se enfronta á necesidade de se despedir e aceptar a perda, nun relato que explora o poder da memoria e o vínculo inquebrantable entre amigas que, malia todo, non desaparecen.

Ana Guevara (Montevideo, Uruguai)  e Leticia Jorge (Montevideo, Uruguai). Directoras e guionistas que traballan xuntas desde 2004, tras estudar Comunicación Social na Universidade Católica de Uruguai. Comezaron con curtas, pero é con Tanta agua (2013), o seu debut nas longametraxes, cando conseguen un gran recoñecemento en festivais internacionais como a Berlinale ou San Sebastián. No 2019 tamén estrearon Alelí, que participou no Festival de Málaga e no Festival Internacional de Cine de Chicago e que tamén vai ser proxectada nesta edición de Cineuropa.

Premio Nora Ephron no Festival Tribeca de Nova York 2024

Candidata por Uruguai aos Premios Goya

Duración: 
75 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADASCINEUROPA

Funcións: 
Mércores, 20 Novembro, 2024
18:45
NUMAX
Domingo, 24 Novembro, 2024
18:15
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Trailer: Agarrame fuerte ⭐️ ESTRENO 24 DE OCTUBRE