ABONO RFG · OSG · DEVOCIÓN WAGNERIANA

DATOS BÁSICOS

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

ABONO

Dima Slobodeniouk, director

  • Anton Bruckner: Sinfonía núm. 3 en re menor

devoción wagneriana

A declarada devoción que Anton Bruckner profesou por Richard Wagner valeulle a enemistade e a incomprensión do ambiente musical de Viena e numerosos ataques dos partidarios de Brahms, co crítico Hanslick á cabeza. Proba desa devoción é a Sinfonía núm. 3, que Bruckner iniciou en 1872 e dedicou ao xenio saxón. Ben pola súa inseguridade, ben polo afán de acadar o visto e prace de Wagner, Bruckner fixo diversas revisións da súa composición que, finalmente, estreou e dirixiu en 1877 e que, se ben non acadou o aplauso do público si agradou ao seu dedicatario. 

O recoñecemento á técnica compositiva e a complexidade polifónica do compositor e organista austrícaco chegaría moito despois, coa estrea da súa Sétima Sinfonía en 1884, cando Bruckner superaba xa os 60 anos. Segundo diferentes fontes, o detonante desa peza foi novamente o seu amado mestre que, xa agonizante, inspirou a ladaíña fúnebre coa que pecha a composición.

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 4 Abril, 2024
20:30
Auditorio de Galicia