ABONO · CICLO DE LIED
Simona Šaturová, soprano
Ivan Klánský, piano
Antonin Dvořák: Cancións de amor op. 83 (selección)
Josef Suk: Canción de amor op. 7
Alexander von Zemlinski: Cancións de vals op. 6 (selección)
Robert Schumann: Arabesque en Do maior op. 18
Claude Debussy: Noite de estrelas; Noite fermosa; Claro de lúa
Karol Szymanowski: Tres cancións de berce op. 48
Bohuslav Martinů: Canción de berce H232
Frédéric Chopin: Balada en fa menor op. 52
Richard Strauss: Mañá! op. 27 núm. 4; A noite op. 39 núm. 3; Serenata op. 17 núm. 2
CANCIÓNS DE AMOR E DE BERCE
Unha das expresións máis comúns dos pobos foron as cancións, os países da Europa do Leste non son unha excepción e a súa riqueza vese reflectida neste concerto que amosa algunhas xoias de compositores checos como Dvořák, Suk ou Martinů, os cales desenvolveron a súa propia escritura musical baseándose na linguaxe tonal tradicional. Tamén desde Polonia ou Austria visitamos a tradición esencialista do lied de orixe romántica que acabaría desaparecendo despois da Primeira Guerra Mundial.