ABE RÁBADE · TEMPO DE COR
Abe Rábade presenta o seu novo traballo, o décimo sexto da súa carreira, xunto á súa sección rítimica habitual; Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería.
TEMPO DE COR, editado polo selo Karonte, é un disco temático sobre a psicoloxía da cor. Sete temas orixinais inspirados polo poder de evocación do vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, púrpura e branco convidan o oínte a deixarse bañar por un sinestésico xogo que marida son e imaxe mental. Durante o proceso creativo, Abe contou coa colaboración da artista plástica Beatriz Sáa, quen traballa coa cor como textura e elaborou unha base pictórica que acompaña o traballo na súa versión discográfica física, en soporte virtual e no escenario. O cineasta galego Alfonso Zarauza asina unha versión audiovisual do primeiro sinxelo do disco; Mar de Palabras.