7291

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA  

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA · DOCS CINEUROPA

7291 (2024)

Juanjo Castro

España / 123 min / Documental / Español

Ficha técnica:

Producción e dirección: Juanjo Castro

Música: Jose Camacho


Tras a proxección, coloquio co director do filme, Juanjo Castro


Sinopse:

En xuño do 2020 iníciase na Asemblea de Madrid unha Comisión de Investigación sobre as persoas falecidas durante a primeira onda da pandemia do Covid-19 nas residencias de maiores da Comunidade Autónoma de Madrid (CAM). Segundo datos da CAM, nos meses de marzo e abril do 2020 faleceron 9470 persoas que vivían nestas residencias. Só 2179 delas recibiron atención hospitalaria e 7291 non tiveron derivación.

No 2021, a Presidenta da CAM, Isabel Díaz Ayuso, convoca novas eleccións. A nova maioría da Asamblea de Madrid decide non continuar cos traballos desa Comisión. En consecuencia, os máximos responsables políticos xa non se ven obrigados a declarar e a investigación queda inconclusa.

En setembro do 223, asociacións de afectados promoven unha Comisión Cidadá, presidida polo xurista José Antonio Martín Pallín, para continuar coa investigación sobre o acontecido nas residencias de maiores da CAM. Do goberno da CAM no 2020 só declarou Alberto Reyero, exconselleiro de Políticas Sociais.

Juanjo Castro (Valladolid, España). Comezou no mundo da curtametraxe e obtivo recoñecemento con Deseo oculto (1992). Máis tarde, traballou con diversas produtoras españolas e dirixiu series de televisión como Hospital Central e Yo soy Bea. Na actualidade, dedica o seu tempo á realización de vídeos corporativos e documentais. No 2022 estreou a súa primeira longametraxe, Lo que nunca te dije pero debería haberte dicho

Estrea absoluta en Cineuropa 2024

 

Duración: 
123 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Domingo, 10 Novembro, 2024
17:30
Salón Teatro
Luns, 11 Novembro, 2024
16:30
NUMAX
MULTIMEDIA

Trailer oficial 7291