20 MICE · TRAZAS · SESIÓN 3

DATOS BÁSICOS

20 MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO

TRAZAS · SESIÓN 3

As sesións de Trazas, realizadas en colaboración co Cineclube de Compostela, percorrerán con humor e subversión das normas sociais o cinema dos anos 50 e o modelo colonial, que representa a simplificación e idealización da “civilización” fronte ao “salvaxe”; así como o cinema de finais dos años 80, que pon o foco no explorador ou estudioso occidental.

AL-NASR AL-TAIR 

José Ernesto Díaz-Noriega

Galicia, 1969

49 min. VO

Con motivo da celebración dunha homenaxe a un xeneral de aviación franquista, de nome Eduardo Pardo, o Concello de Carballo encarga a Díaz-Noriega que remonte imaxes dea cerimonia a modo de filme de propaganda. José Ernesto, armado co seu irreverente sentido do humor, non atende á sincronía entre son e imaxe, poñendo en boca das autoridades locais voces en off provintes de anuncios publicitarios ou exabruptos sacados de contexto, subvertindo en boa medida as intencións da entidade contratante.

Acceso: 
  • Recollida de econvites de forma anticipada no despacho de billetes da Zona C (Praza de Cervantes. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. tel.: 981 542 462). 
  • Tamén se poden coller na billeteira do Teatro desde 1 hora antes do comezo das proxeccións.  
Info práctica: 
Venres, 14 Marzo, 2025
19:00
Teatro Principal