Portada
Música
Escena
Visual
Cinema
Familia
Didáctica
Letras
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Cineuropa
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
20 MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO
O CARRO E O HOME
20 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE Museo do Pobo Galego pon o foco nun dos filmes fundacionais da cinematografía galega, O carro e o home. Un documental que forma parte do legado que o etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo, Xocas, deixou ao Museo do que foi fundador e primeiro presidente do seu Padroado, e que serviu de inspiración para o nacemento da MICE, hai agora dúas décadas. A cinta orixinal foi realizada en 1940 con guión de Xocas e Antonio Román. En 1980, o etnógrafo xunto co cineasta Eloy Lozano e co patrocinio do Museo do Pobo Galego, fixo unha nova montaxe cunha sonorización menos folclorizada e con texto e locución do propio Xocas. Esta segunda versión, recén dixitalizada coa colaboración de AGADIC e a Filmoteca de Galicia, protagonizará a sesión inaugural da MICE, o 12 de marzo no Teatro Principal, nun acto de homenaxe ás persoas que iniciaron a cinematografía galega e que viron no cinema un xeito de colaborar co patrimonio cultural do país. A proxección contará coa participación de Pepe Coira, historiador do cinema galego e coñecedor do filme e da obra dos seus artífices.