20 MICE · EROS

DATOS BÁSICOS

20 MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO

SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL 

EROS

Rachel Daisy Ellis

Entradas no despacho de billetes da Zona C e, desde 1 hora antes da proxección, no Teatro Principal.

Brasil, 2024

107 min. VOSG

[Estrea en España]

Os moteles de amor en Brasil son un refuxio onde a fantasía se converte en realidade. Cando a cita da cineasta nunca chega, ela ten unha nova idea para unha película. A través de imaxes persoais, en ocasións bastante explícitas,  filmadas polos propios participantes, Eros presenta as formas únicas e singulares nas que as persoas levan a cabo as súas relacións íntimas e románticas e como estes comportamentos reflicten as normas sociais e outras realidades máis amplas. O resultado é unha visión caleidoscópica dun mundo paralelo  do desexo humano.

 

Acceso: 
  • Recollida de convites de forma anticipada no despacho de billetes da Zona C (Praza de Cervantes. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. tel.: 981 542 462). 
  • Tamén se poden coller na billeteira do Teatro desde 1 hora antes do comezo das proxeccións.  
Info práctica: 
Sábado, 15 Marzo, 2025
21:30
Teatro Principal