1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega, é un ensaio expositivo sobre arte urbana, inédito no noso País. Curado por Amabel González Troncoso e Clara Rodríguez Cordeiro, o proxecto é froito dunha inxente labor de investigación en clave de xénero sobre o graffiti e o muralismo contemporáno.
A partir da numerosa documentación achegada por artistas e coleccionistas de toda Galicia, constrúese unha persoal xeanoloxía de arte urbana desde unha revisión feminista do movemento, na procura de deconstruir a tan extendida idea da suposta ausencia de mulleres que pintan na rúa. Unha historia da arte paralela á institucional que reúne o traballo de diferentes xeracións de creadoras combatindo os estereotipos de xénero con feitos históricos como o que demostran que o primeiro graffiti realizado en Galicia foi obra dunha muller Seor, en 1984.
Desde entón, a evolución de estilos, formatos e disciplinas non deixou de medrar, e moitas destas artistas conseguiron converter en profesión a súa experimentación dentro dun movemento marxinal no sistema da arte -ilegal en moitas ocasións– onde as posibilidades se mesturan coas trabas e coas dificultades que supón ser muller creadora no espazo público.
Unha publicación editada pola UDC, iniciativa de 7H, editada en 2023, serve de punto de partida a este proxecto expositivo: 'Cando elas toman os muros. Feminismo e arte urbana en Galicia'
AËR / ALDARA THUNDERBIRD / XOANA ALMAR / TAMARA BAZ / LIDIA CAO / ABI CASTILLO / CATA UKELELE / DOA OA / DUNE / EME / EXPOSTAS / IRIA FAFIÁN / FERCHO / FESTA / FUNE / LULA GOCE / HYDRA / IRA / PORTE JEREMÍAS / KYA / LUPITA HARD / MISS 7 / NANA / ANDREA OTERO VÁZQUEZ / IRIA PROL / SAX / SELMA / SEOR / SMILE / SOURIS / SUELO /