20 ANOS DE CINEMA EN CURSO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

20 ANOS DE CINEMA EN CURSO ·

10 ANOS DE CINEMA EN CURSO EN GALICIA

Cinema en curso é un programa pedagóxico de creación cinematográfica en escolas e institutos que chega á súa 20ª edición con máis de trinta obradoiros en Cataluña, Galicia, Euskadi, Madrid, a Comunidade Valenciana e Navarra, e que tamén promove actividades en Alemaña, Colombia, Eslovenia, Lituania, México e Serbia. En Galicia desenvólvese dende hai unha década coa Filmoteca de Galicia (Agadic – Xunta de Galicia).
O programa ten dous grandes obxectivos: propiciar o descubrimento por parte da mocidade e a rapazada do cine como arte, creación e cultura; e desenvolver as potencias pedagóxicas da creación cinematográfica no contexto educativo. Un dos seus principais eixes de acción son os obradoiros, que se levan a cabo con grupos de idades comprendidas entre os  9 e os 18 anos, ao longo de todo un curso e dentro do horario lectivo. Impártenos conxuntamente un equipo de docentes e cineastas.
O proceso fundaméntase no diálogo entre ver e facer cinema. A rapazada descobre autoras e autores como Chantal Akerman, Jean-Pierre e Luc Dardenne, Jean-Luc Godard, Mia Hansen-Løve, Johan van der Keuken, David Perlov, Nicolas Philibert, Ermanno Olmi, Raymond Depardon, Mercedes Álvarez, José Luis Guerin, Agnès Varda ou Isaki Lacuesta, e tras as súas pegadas realiza diversas propostas de creación que culminan coa creación dunha curtametraxe documental ou de ficción. Todos os procesos son colectivos: dende a documentación ata a montaxe pasando pola rodaxe, e os cargos distribúense rotativamente.
En Galicia, o equipo de cineastas está formado por Carla Andrade, Xacio Baño, Jaione Camborda, Fon Cortizo, Eloy Domínguez Serén, Marcos Flórez, Ángel Santos e Alejandro Tarraf. Tamén forman parte do equipo, a nivel estatal, Jaume Claret Muxart, Mertixell Colell, Mikel Gurrea, Carla Simón, Daniel Tornero e Jonás Trueba.
Cinema en curso é un programa de A Bao A Qu, asociación cultural dedicada a proxectos que vinculan creación, cultura e educación, dende unha tripla perspectiva artística, social e pedagóxica.

Coa participación dos cineastas Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos Flórez e Ángel Santos xunto a docentes e estudantes que participaron na realización da selección de filmes que se presentan: Arredor, O borboriñar, Ata pronto e As distancias


Arredor do día. Retratos na Terra de Montes, CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade), Cinema en curso 2018-2019

Arredor do día. Retratos na Terra de Montes
CEIP de Tenorio (Cotobade) 2018-2019
Documental | 6 min | Galego con subtítulos en castelán
Un filme de: Lucía Bugallo, Laura Carral, Iago da Silva, Pablo Delgado, Guillermo Fontenla, Ainhoa Fraga, Ibai González, Maro Louzán, Pablo Martínez, Diego Martínez, Rubén Daniel Naya, Nicolás Outón, Alicia Porto, Breixo Rivas, Hugo Rodríguez, Lorena Sabarís, Begoña Soto, Marcos Taboada, Kevin Miguel Tajes, Marea Vidal
Co acompañamento de: Marcos Neira, José Alberto Portela, Ma del Pilar Álvarez e Ma Isabel Vilela (mestres), e Marcos Flórez (cineasta)

O alumnado de 6º de primaria do CEIP de Tenorio retratan o día a día, os traballos cotiáns da veciñanza e familias en Terra de Montes, en Pontevedra.
As autoras e autores do filme terminaban así a presentación da súa película: "permítenos ver o noso ao redor con outros ollos e outros oídos, os amenceres e anoiteceres; paramos a enfocar, a escoitar e a gozar do momento. As cousas “Arredor do día” xa non pasan tan rápido”.


O borboriñar das insuas, CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), Cinema en curso 2018-2019

O borboriñar das insuas

CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal)
2018-2019
Documental | 13  min | Galego con subtítulos en castelán
Retrato das illas de O Grilo, As Varandas e O Torroeiro, na zona do Baixo Miño, un lugar con vida propia que acolle un tipo de gandeiria singular.
O estudantado de 3º de ESO do CPI Manuel Suárez Marquier explicou na súa presentación da película un dos motivos polo que decidiron retratar este lugar e este oficio: “É unha tradición que se está perdendo porque as xeracións máis novas xa non o practican. Moi pouca xente adícase a criar vacas en O Rosal, e as persoas que manteñen este tipo de vida é porque lles gusta e síntense felices facendoo. Nós pensamos que tiñamos a oportunidade de dala a coñecer antes de que desaparecese. Forma parte das nosas tradicións le queríamos deixar testemuño dela”.

Un filme de:  Naiara Cardoso, Marcos González, Nahomí González, Manuel Oliveira, David Rocha, Miguel Rodríguez, Paula Sobrino, Martín Souto
Co acompañamento de Lara Salgado, Mar Rodríguez, Xosé Tomás Díaz, Beatriz Fernández, Elena Gómez e Beatriz Varandas (docentes) e Jaione Camborda (cineasta)


'Ata pronto, adeus', CPI O Cruce (Cerceda), Cinema en curso 2021-2022

Ata pronto, adeus

CPI O Cruce (Cerceda) - 1º de ESO, 2º de ESO
2021-2022
Galego
Subtítulos en Castelán
Filme documental 11 min.
"Este é o lago das Encrobas. Debaixo da auga había unha aldea. A aldea foi derrubada para facer unha mina. A mina proporcionaba lignito para alimentar a central térmica. 
Antes do lago, antes da central e antes da mina, cando todo isto eran casas, a xente tivo que emigrar. Agora van demoler a central".

Así se inicia unha película fascinante,na que o grupo de 2º de ESO do CPI O Cruce non introduce nas memorias de sesenta anos de migracións a través dos retratos de avós, bisavós e familiares que emigraron desde Cerceda a Londres, Suíza ou Alemaña. Agora, tamén a vila é un lugar de acollida para persoas que chegan buscando un futuro mellor.

 "Todos tiñamos algún tipo de relación coa emigración: practicamente todos os nosos avós ou familiares emigraran nalgún momento, aínda que despois retornaran, e agora compañeiros da escola e as súas familias son inmigrantes que viñeron a vivir a Cerceda doutros países".

Un filme de: Saínza Bocixa, Aldara Buceta, Sanela Casal, Lorena Cava, María Gacio, Alba García, Romeo González, Mariana Herreras, Celia Leis, Paula Mareque, Ainara Pallas, Paula Pardo, Daniel Regos, Almudena Rumbo, Carla Santos, Inés Tasende.

Co acompañamento de docentes Pilar Tabarés, Amelia Rodrigues, Asunción del Valle e Marcos Corgo, e do cineasta Xacio Baño.


'As distancias', CEIP A Rúa (Cangas), Cinema en curso 2022-2023

As distancias

CEIP A Rúa (Cangas)
2022-2023

Ficción

Noa ten doce anos e os seus pais cren que aínda é pequena para asumir a enfermidade e inminente morte do seu avó. Tras escoitar unha conversa, decide visitar a casa dos avós. Reencontrarse con este espazo cargado de lembranzas e o pasar da tarde fronte á ría daranlle a forza para reclamar o que necesita.

Un filme de: Yoli Bamio, Zoe Bernárdez, José Antonio Cordeiro, Carme de la Campa, Rubén Gandón, Daniela Gómez, Irene Gómez, Blas Graña, Inma Lorenzo, Samira Martínez, Marco Moledo, Cristian Muñiz, Mateo Padín, Yannet Da Silva Prieto, Xián Ríos, Hugo Rodríguez, Nicolás Teijeira, Antía Trigo, Denis Vázquez, Irene Vega.Co acompañamento de as mestras Ana Portas, Rosana Rúa e May Iglesias, e do cineasta Ángel Santos

Duración: 
100 MIN
Entradas: 
  • Entrada libre
Funcións: 
Xoves, 21 Novembro, 2024
18:15
Salón Teatro