TEATRO DO NOROESTE
Idade recomendada: > 18 anos
Duración: 100 min
Lingua: galego
#posfunción
As sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista. Nos anos sesenta, un rapaz de doce anos realiza o tránsito da adolescencia á madurez, que se precipita no seu último verán na praia, descubrindo a natureza da vida e da morte, a esencia do amor e do sexo e, sobre todo, descubrindo un terrible segredo que oculta a súa familia de militares franquistas.
Ficha artística
Autor e director: Eduardo Alonso
Produción: Eva Alonso
Reparto: Luma Gómez, Miguel Pernas, Xavier Estévez, Manuela Varela e Maxo Barjas
Escenografía e vestiario: Equipo Taetro
Espazo sonoro: Fernando Alonso
Iluminación: Eduardo Alonso
Axudante de dirección: Imma António