Teatro Principal
O Teatro Principal, obra do arquitecto Manuel Prado y Vallo, foi construído en 1841 no centro histórico santiagués. Hoxe en día é centro neurálxico da programación cultural de Santiago de Compostela, onde se desenvolven festivais como Cineuropa ou Curtocircuíto e a programación estable de teatro e danza ou a musical, sen esquecer conferencias, entregas de premios ou presentacións dos traballos máis variados de artistas e creadores do panorama cultural galego.
O Teatro Principal está na Rúa Nova, nº 21. O teléfono de oficinas é o 981 54 23 47 e o do despacho de billetes o 981 54 23 49.
O 26 de abril do 2016 o Teatro Principal cumpre 175 anos. Nesta publicación que se preparou con motivo do aniversario, recóllense curiosidades da historia do edificio.