UNIVERS

DATOS BÁSICOS

ENGRUNA TEATRE

Idade recomendada: 0 a 2 anos

Duración: 40 min
Lingua: sen texto

Unha experiencia sensorial para a primeira infancia chea de poesía visual, música en directo e movemento. Individuos, obxectos, que se desordenan, móvense, vólvense ordenar. Que atopan o equilibrio e a harmonía dentro da inmensidade. Que buscan como existir no medio do caos, nun lugar concreto e un instante preciso. Cada habitante deste cosmos, cada son, cada movemento, está suxeito a unha fráxil relación con todo o resto.

Univers é un espazo onde convivir coa nosa vulnerabilidade e a capacidade de adaptarnos a cada nova situación. Un lugar onde explorar como o máis pequeno e aparentemente insignificante pode cambialo todo da forma máis inesperada. Unha vivencia única e irrepetible que se constrúe de novo cada vez e convértese nunha viaxe evocadora e inmersiva.

Idea orixinal: Anna Farriol, Mireia Fernández, Txell Felip e Júlia Santacana

Dirección: Mireia Fernández

Acompañamento na dirección: Núria Olivé

Interpretación: Jordi Sala, Anna Farriol e Iria Corominas/Maria Ballús

Creación espazo sonoro, técnico e músico en escena: Jordi Sala

Asesoramento artístico e performativo: Dalija Acin Thelander

Espazo escénico: Clàudia Vilà

Estruturas móbiles: Carles Piera Atrezzo: Castells i Planas

Deseño de luces: Ganecha Gil

Deseño e confección do vestiario: Núria Espinach

 

Duración: 
40 MIN
Entradas: 

ENTRADAS ESGOTADAS

Funcións: 
Domingo, 5 Maio, 2024
11:00
Auditorio de Galicia
Domingo, 5 Maio, 2024
12:30
Auditorio de Galicia