RFG · PLEASURE ISLAND · CONCERTO FAMILIAR

DATOS BÁSICOS

Sebastian Zinca, dirección
Cristina Cubells, dirección artística
Mervat Alramli, axudante de dirección
Ariadna Montfort e Estela Merlos, coreografía e danza

Igor Stravinski: Danzas concertantes
Januibe Tejera: Internités

Nos contos Non culpes a ninguén (1956) de Cortázar e As preocupacións dun pai de familia (1919) de Kafka atopamos unha presenza que perturba terriblemente ás súas personaxes. En Cortázar, é a percepción da súa propia man que, sendo unha prolongación máis do seu corpo, comeza a percibirse de forma ameazante cando o personaxe intenta poñerse un xersei. En Kafka, un obxecto vago e indefinido, como “un carrete de fío plano e en forma de estrela”, preocupa ao seu observador. Non é posible definir exactamente cal é ese obxecto, nin para que serve, nin por que se garda nesa casa sen motivo aparente… É isto o que máis preocupa ao noso personaxe?, por que?

A proposta cruza o corpo e a música para afondar nos dous imaxinarios e na experiencia co que supostamente é “estraño”: que nos contan a estas percepcións, eses prexuízos, esas olladas aparentemente inusuais?

Imaxe: Rocío Chacón

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 27 Abril, 2024
18:00
Auditorio de Galicia