DÍA DE ROSALÍA: 'LIBRE COMA OS PAXAROS'

DATOS BÁSICOS

Libre coma os paxaros

Teatro do Atlántico

Celebración do Día de Rosalía

 

SINOPSE 

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais. 

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar. 

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve. 

Muller. 

Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. 

Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros. 

Chámase María Rosalía Rita de Castro.

 

Actriz: María Barcala

Dramatúrxia e Dirección Xúlio Lago

Textos: Rosalía de Castro 

Composición musical Vadim Yukhnevich 

Gravación: Mauricio Caruso 

Espazo escénico e iluminación Antonio F.Simón/Xúlio Lago 

Vestiario: Susa Porto 

Fotografía Tino Viz/Margen 

Realización Vídeo e-Me Comunicación 

Técnicos de Escena: RTA

Entradas: 

DE BALDE

Retirada de entradas a partir do 15 de febreiro (máximo de 2 entradas por persoa) en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 20 Febreiro, 2022
18:00
Teatro Principal